✉ DEREITOS DE AUTOR ✍

Saúdiños amig@s:

   Radio Ethernal Melody Sounds,é unha radio online sen ánimo algún de lucro.É unha radio que se creou a comezos do ano 2017 coa intención de poder pasar un anaquiño no chat en boa compaña,botar unhas argalladas,comentar como foi o día,mentres de fondo nos nosos oídos soarán músicas dende anos oitenta e noventa,como ata día de hoxe.Tamén podedes facer as vosas peticións para alguén en concreto ou para vós mesmos,a través do xat ou senon mediante o enderezo de correo que deixaréi loguiño por aquí.Sodes todos benvid@s,iso si…a vergoña e o mal rollo deixádeo fóra…a única norma a respetar,por certo.Grazas,e disfruta do momento.Bikiños e unha forte aperta.

    As imaxes que se expoñen nesta web,tanto así coma vídeos,frases,algún que outro poema,etc,etc,están recollidos da rede.Moitas veces non se sabe o autor.Se ti eres o dono de algunha delas ou deles ,pregaríache te puxeras en contacto conmigo(no correo que deixaréi ao fondo),para poder proceder a súa retirada,ou chegar a un entendemento para poder quedar exposta na web.Aceptamos tamén suxerencias.

    Sen máis,reciban un cordial saúdo   

                                                                               Atte:Carmen